Saltar a contidos.
Galego    Castellano-Español
L i m      Libros Interactivos Multimedia

Crear páxinas.

Tipos de páxinas:
   
Etiquetas.  

1.- Marco de imaxe de fondo. Arrastre unha imaxe desde o almacén de recursos.
2.- Áreas activas. Aperte co ratón e sen soltar o botón mova as áreas activas ata a posición final.
3.- Textos das etiquetas.
4.- Formato do exercicio: só muestrar información, escribir nas etiquetas,arrastrar, reproducir son ou mostrar o texto do área activa cando se pasa o ratón por encima.
5.- Cabecera: textos de encabezado.
6.- Pé de páxina: texto inferior.
7.- Son. Se activa a casilla "auto", o son reprodúcese ao entrar na páxina.
8.- Almacén de recursos.

Novidade versión 2.40: Engádense dúas variantes.
- Seleccionar: o usuario/a debe escoller varios puntos.
- Ligazón: os puntos serven para navegar entre páxinas.

   
Actividade externa.  

Tipo de páxina que permite incorporar arquivos flash con posibilidade de avaliación.

1.- Arrastre aquí o arquivo flash.
2.- Defina o nome das variables para que LIM poida avaliar os resultados.

   
Mover imaxes.  

1.- Marco de imaxe.
2.- Imaxes para mover. Arrastre unha imaxe desde o almacén e solte sobre o marco. Pode mover as imaxes ata a súa posición final.
3.- Información sobre a imaxe. Aquí pode eliminar unha imaxe apertando no botón "borrar".
4.- Parámetros:

  • Ver destino: lim mostra o área de destino.
  • Sen orde: Cando non é necesario que cada imaxe coincida cun destino predeterminado.
  • Libre: para facer composicións co fin de mostrar información.
   
Raios X.  

Esta páxina conten dúas imaxes superpostas:

1.-Imaxe superior.
2.-Arrastre aquí a imaxe inferior.
3.- Defina o tamaño do oco.
4.- Se o desexa pode escribir unha resposta.
5.- Marco de texto.Prema na icona para despregar o marco de texto.
6.- Cor superior, no caso de que non defina unha imaxe.

A imaxe inferior aparece aquí por enriba, o que permite posicionala libremente ( prema o botón esquerdo e mova o rato).

   
Menú.  

1.- Marco de texto.
2.- Textos dos botóns
3.- Botóns. Prema para cambiar os marcos de texto correspondentes a cada botón.
4.- Cores do botón e o texto.

   
Ligazón.  

Páxina para crear ligazóns que permiten brincar entre as páxinas do libro, finalizar a aplicación ou executar arquivos.

1.- Despliegue esta ventana se desexa escribir un texto.
2.- Imaxe de fondo.
3.- Texto dos botóns. Pode movelos libremente e posicionalos en calquera lugar da páxina.
4.- Imaxe do botón. Se quere que o botón teña un aspecto distinto arrastre aquí unha imaxe.
5.- Comportamento dos botóns, pode escribir:

  • Un número de páxina.
  • A palabra "pechar" para finalizar o libro.
  • O nome dun executable. Debe residir nun directorio chamado fscommand.Por motivos de seguridade isto non é aplicable cando o libro móstrase dentro dunha páxina web.
   
Palabra segreda.  

Xogo no que hai que descubir una palabra por medio das letras que a forman.

1.- Imaxe.
2.- Texto.
3.- Palabra segreda que hai que descobir.
4.-Opcións:
Non amosar a imaxe: a imaxe aparece cando o usuario descobre a palabra segreda.
Exacta: A palabra debe coincidir en tódalas letras, incluido os caracteres con vírgula.
Neste caso debe definir na páxina de propiedades, campo "letras" os caracteres que se utilizarán ( vogais con vírgula ).

   
Completar.  

Completar os ocos nunha frase.

1.- Fragmento inicial da frase .
2.- Palabra que completa a frase.
3.- Fragmento final da frase.
4.- Opcións:

  • Escribir a palabra que falta.
  • Aparece un listado das palabras que hai que escribir.
  • Arrastrar as palabras ata os ocos.

 

   
Operacións.  

1.- Seleccione o tipo de operación e complete os cadros de texto.
2.- Tipo de páxina:

  • Arrastrar números.
  • Escribir o número.

LIM construe as operaciones imitando a disposición tradicional.

Non esqueza seleccionar o tipo de operación.

Enlaces 2.  

Páxina para elaborar índices.

1.- Textos dos botóns.
2.- Ligazóns.
3.-Imaxe para o botón.

En "ligazóns" pode escribir un número de páxina, un enderezo web, o nome dun libro ou un arquivo executable. En LIM só están dispoñibles os saltos de páxina e as ligazóns web, o resto só están operativos en LIMexe.

Lembre que coa orde "pechar" pode finalizar un libro ( en LIMexe).

   

EDUCALIM 2006